Grupos de Usuarios

Listaxe actual dos grupos de usuarios do QGIS

Rexistrados no 2016 ou antes

Rexistrados no 2017

Rexistrados no 2018

Retirados no 2018

Registered 2020

Metas dun grupo de usuarios

  • Organización das xuntanzas de usuarios
  • Coordinación do desenvolvemento, ter en conta os estándares e requisitos rexionais/nacionais
  • Información de QGIS: xuntanzas, artigos en revistas se SIX, información de QGIS nos medios sociais, mesas de debate de SIX, etc.
  • Recolleita de estudios do caso de uso local de QGIS
  • Patrocinio: un grupo de usuarios local podería recoller cotas de afiliación anuais razoables (dependendo do país). Estes fondos recolleitos poderían utilizarse para pagar o desenvolvemento de certas entidades, para axudar coa reparación de erros ou como unha doazón para o proxecto QGIS internacional.
  • Estabelecemento de grupos de interese, por exemplo. topografía, planificación urbana, servidor/cliente web, etc.
  • Inicialización/coordinación dos módulos de aplicación, por exemplo. topografía, planificación urbana, servidor/cliente web, etc.
  • Elixir a un representante para que actúe coma QGIS Country Voting Member

Suposicións/recomendacións xerais

  • permanecer neutral ós vendedores/empresas
  • establecer estruturas democráticas para o comité de dirección, votacións e decisións importantes
  • sé transparente, especialmente se tratas con cotas de afiliación e a forma na que se gastan
  • informar ó proxecto internacional de cando en cando acerca das actividades locais

Organización

Dependendo do teu país, pode establecerse unha entidade legal máis pequena, por exemplo unha asociación. Dependendo da lexislación local tal entidade implica que haxa unha reunión polo menos unha vez por ano (asemblea xeral), publicar un informe xeral e facilitar un informe financeiro ós membros. A miúdo tamén implica a creación de estatutos.

Estatutos do grupo de usuarios de QGIS Suíza como un exemplo:

Formularios de solicitude de afiliación:

Podes utilizar estes estatutos e formularios de solicitude de afiliación como unha idea ou referencia e modificalos á situación local.

Dominio de País Local qgis.xx

Recoméndase rexistrar o teu dominio de país local, por exemplo qgis.ch ou qgis.uk. Se o dominio xa estivese collido por algunha outra organización, empresa ou persoa negocia se podes transferir o propietario para o grupo de usuarios de QGIS local. O proxecto internacional de QGIS inscribiu QGIS como unha marca rexistrada, o cal debera axudar durante as negociacións.